luns, 31 de agosto de 2015

EDUCACIÓN DUAL NO CET

CONTINÚA A FORMACIÓN DUAL NO CENTRO EMPRESARIAL TRANSFRONTEIRIZO DE BARBADÁS CON UN CURSO DE ALBANELERÍA

Este módulo forma parte dun proxecto no que se inclúen outras especialidades como prevención de riscos laborais, actividades en xardíns ou carpintaría

O proxecto engloba alumnado dos concellos de Castrelo de Miño, Toén, Celanova, Barbadás e A Merca

Barbadás 31 de agosto de 2015. O proxecto de educación dual que se imparte no Centro Empresarial Transfronteirizo de Barbadás complétase co módulo de albanelería. Hoxe iniciouse a formación nesta especialidade con un total de 15 moz@s dos concellos de A Merca, Celanova, Toén, Castrelo de Miño e Barbadás.
O módulo céntrase en operación auxiliares de albanelería e fábrica de cubertas e terá unha duración de 280 horas lectivas. Os participantes neste módulo de educación dual obterán ó rematar a formación o seu correspondente certificado de profesionalidade.

Este tipo de formación combina horas lectivas con horas de práctica –traballo e englóbase no Programa de Formación Dual no que participan os 5 concellos que forman parte deste proxecto.
O Proxecto que se está a levar a cabo dende hai meses promovido dende o Centro Empresarial Transfronteirizo consta de varios módulos formativos que xa foron impartidos: Prevención de riscos laborais en Barbadás; actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería en Toén; traballos de carpintaría e moble en Castrelo de Miño. Este ciclo formativo remata co módulo de albanelería en Barbadás.
Está previsto o remate desta acción para o 21 de outubro de 2015, data na que @s xóvenes porán en práctica os coñecementos teóricos impatidos a través do módulo centrado en operacións auxiliares de albanelería e fábrica de cubertas realizando traballos de albanelería nos seus respectivos concellos.

O tenente alcalde e concelleiro da área de Promoción Económica, Xosé Manoel Fírvida, estivo esta mañá na presentación do proxecto de formación dual. Fírvida destacou a importancia que ten a combinación da formación teórica coa práctica do alumnado asegurando que este tipo de iniciativas contribúen a promover a entrada no mercado laboral da xuventude.


venres, 28 de agosto de 2015

CENTRO DE SAÚDE: FIRMOUSE A ACTA DE REPLANTEO

O CONCELLO DE BARBADÁS FACILITARÁ A ACCESIBILIDADE Ó NOVO CENTRO DE SAÚDE DA VALENZÁ

Unha reordenación do tráfico facilitará o tránsito pola zona durante a execución das obras e cando se poñan en marcha as novas instalación sanitarias

A acta de replanteo que foi asinada esta mañá significa o punto de partida para comezar a construir o edificio

O prazo de execución das obras é de 11 meses

O orzamento do novo centro é de 3 millóns de pesetas
O futuro centro médico verá incrementados os servizos de atención
O actual goberno de Barbadás (PSdeG-BNG) plantexou hai unhas semanas ó Sergas un cambio de ubicación, pero a Xunta  asegurou que este era o lugar e que se postergaría no tempo o proxecto se se modificaba o emprazamento

As autoridades locales están aseguran que o inicio das obras suporá un avance no servizo sanitario que recibirá a poboación do municipio

Barbadás 28 de agosto de 2015. O novo centro de saúde de Barbadás terá 5 salas de medicina xeral e o mesmo número de consultas de enfermería, pasando das 2 que ten na actualidade. Outra das novidades é a habilitación dunha sala de educación para a saúde, con almacén e vestiarios.
Outra das melloras que implicará a posta en marcha das novas instalación será 1 consulta de odontoloxía e hixienista, que será compartida por estes dous profesionais.
Ademais haberá unha sala de recollida de mostras, que non existe na actualidade e incrementaranse as salas de espera, que pasarán de 1 a 3. Os novos habitáculos cos que contará  o novo edificio serán 1 sala de técnicas e outra de carácter polivalente. Mellórase tamén a prestación sanitaria coa creación dunha sala de muller con aseo e unha consulta de atención urxente.
Unha das melloras máis importantes que traerá consigo a posta en funcionamento do novo centro atópase o incremento da atención pediátrica. Hai que ter en conta que Barbadás é o segundo concello de Galicia no que hai un índice de natalidade máis alto. Na actualide están empadroados 1.258 nen@s menores de 14 anos, que serán os beneficiarios do incremento no número de profesionais de pediatría de 1 a 2. O número de consultas pediátricas pasa de 0 a 2 e construirase un aseo anexo a este servizo, que na actualidade non existe.
Na área de administración mantense unha área de admisión e habilitarase un arquivo de historias clínicas, un almacén de material e unha sala de caldeiras. O novo edificio albergará 2 estancias denominadas de oficio sucio e 2 de oficio limpo, que na actualidade non existen.
Outros habitáculos que se crearán serán unha sala de estar do persoal e outra de xuntas e bibliotetca. Os aseos públicos pasan de 1 a 2 e os que usa o persoal increméntase de 0 a 1. Haberá ademais vestiarios para o persoal do centro, que ata agora non existían.
O orzamento do centro de saúde é de 3.087.114 € e ten un período de execución de 11 meses. As obras comezarán en breve e o vindeiro luns colocaranse as vallas previas ó comezo dos traballos.
Esta mañá celebrouse o acto formal de replanteo á que asistiu o arquitecto municipal, técnicos da empresa adxudicataria, a UTE Extraco e Misturas, así coma responsables técnicos da Consellería de Sanidade. Estiveron tamén representantes do goberno municipal: Xosé Manoel Fírvida, tenente alcalde, Serafín Núñez, concelleiro de Sanidade e Victoria Morenza, edil de Urbanismo. O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, non puido asistir. Nas inmediacións estiveron tamén outros edís do goberno coma Rafael Sierra, Adrián Varela e Marga Pérez.
Estiveron tamén responsables do Sergas: Antonio Fernández-Campa, xerente do Sergas, María Villar, xefa Territorial de Sanidade, Eloína Núñez, xerente do Sergas en Ourense e Rogelio Martínez, delegado da Xunta en Ourense.
O tenente alcalde de Barbadás, Xosé Manoel Fírvida, amosou a súa satisfacción ante a previsión da construcción do novo centro polo que suporá de creación “de servizos moi demandados pola veciñanza”. Remarcou que a ubicación “non é a máis acaída” e anunciou que se levarán a cabo varias actuacións de reordenación do tráfico cando se emitan os correspondentes informes técnicos. Un dos cambios que está previsto levar a cabo e convertir a circulación en sentido único.

Outra das intervencións que xa anticipou hai días o alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, será a adecuación do entorno que comunica a rúa do Viso coa rúa das Burgas, que é o lugar onde se ubicará o centro de saúde. O acceso peonil polo parque situado ó carón das oficinas municipais da Valenzá será unha prioridade para o goberno de Barbadás. O obxectivo fundamental é mellorar a accesibilidade fundamentalmente das persoas maiores e das persoas que acudirán ó centro con carriños de bebé ou daquelas que teñen unha mobilidade reducida.





luns, 24 de agosto de 2015

AMPLO ABANO DE CURSOS NO CET

ESCAPARATISMO, PLANTAS AROMÁTICAS E FISCALIDADE DE EMPRESAS: TEMATICA DE 3 CURSOS QUE SE DESENROLARÁN NO CET DE BARBADAS
O Centro Empresarial Transfronteirizo ofrece ó longo do mes de setembro un amplo abano de formación dirixida a empresari@s e emprendedor@s
O Concello de Barbadás ten previsto realizar no vindeiro mes de setembro diversas actividades formativas dirixidas tanto a comerciantes como a empresarios, emprendedores ou a outros veciñose veciñas que queiran participar.
Estes cursos, de carácter gratuito, serán impartidos no Centro Empresarial Transfronteirizo de Barbadás.
O vindeiro 7 de setembro, de luns a venres, en horario de 20 a 22 horas dará inicio un curso sobre “Escaparatismo e decoración” de 20 horas de duración.  Un curso indispensable para os comerciantes, xa que, hoxe en día, a presentación dos productos no punto de venda converteuse nun aspecto fundamental para calquera empresa que queira distribuir con éxito os seus produtos.

A continuación,  os días 17 e 18 de setembro, en horario de 16:30 a 19:30 horas,  terán lugar unhas xornadas sobre “Prantas aromáticas”, estas xornadas veñen a ser continuación das celebradas en xuño sobre “Agricultura Ecolóxica”.

Para rematar a programación formativa do mes de setembro, abordarase a "Fiscalidade de pequenas e medianas empresas". Este curso impartirase dende o 21 de setembro, de luns a venres, en horario de 20 a 22 horas, e terá unha duración de 20 horas.


A inscrición nestas actividades pode facerse a través do enderezo electrónico cet@barbadas.es, no teléfono 988 360413 ou achegándose ás oficinas do CET.


venres, 21 de agosto de 2015

PROTECCIÓN CIVIL ESTREA VEHÍCULO DE USOS MÚLTIPLES

PROTECCIÓN CIVIL DE BARBADÁS DISPÓN DUN NOVO VEHÍCULO DE USOS MÚLTIPLES CON CAPACIDADE PARA O TRASLADO DE 9 PERSOAS

·             O novo vehículo será utilizado para o transporte d@s voluntari@s, para o traballo cotiá e o despramento a operativos


·             O responsable de Protección Civil, Dani Rey, indica que se están estudando outros usos coma os traslados puntais de persoas que teñan dificultades acudir a lugares prioritarios, coma os centros médicos, por exemplo


·             Na recepción do vehículo en Santiago estiveron, ademais do responsable da agrupación, o tenente alcalde, Xosé Manoel Fírvida.


·             O novo vehículo concedeuse a Barbadás por ser a agrupación de voluntarios deste municipio unha das de maior capacidade de traballo demostrado de toda Galicia.


·             A agrupación de Barbadás foi unha das que maior puntuación obtivo no proceso de concesión da subvención de toda a comunidade galega


Barbadás, 21 de agosto de 2015. A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Barbadás conta dende hai uns días con un novo vehículo de usos múltiples con capacidade para 9 persoas.
Un dos motivos polos que a agrupación recibiu este furgón foi pola alta capacidade de traballo feita dende hai anos pol@s voluntari@s de Barbadás. Dani Rey, responsable de Protección Civil, explica que a de Barbadás optou xunto co resto de agrupacións de Galicia e foi unha das que obtivo unha maior puntuación. Entre os criterios que se valoraron positivamente foi o número de voluntarios, o nivel de risco, os operativos nos que participa, etc.
Na recollida do vehículo en Santiago estivo ademais de Dani Rey, o tenente alcalde de Barbadás, Xosé Manoel Fírvida, quen destaca a importancia que ten a dotación deste novo vehículo para mellorar o servizo de atención á veciñanza e as emerxencias no municipio a través do traballo que desenrolan @s voluntari@s.
Este vehículo foi concedido pola Consellería de Presidencia a través dunha liña de subvencións sufragadas con fondos da Unión Europea para equipamentos.
 Están pendentes tamén da entrega de material complementario coma un remolque con carpa presurizada para montar eventos, como pode ser a instalación dunha carpa de primeiros auxilios.
Unha das principais vantaxes do novo vehículo de usos múltiples é o reducido nivel de consumo de combustible. Dende a súa recepción estánselle dando usos múltiples: transporte de persoal, traballo cotián d@s voluntari@s, asistencia a operativos e estanse estudando outras finalidades como poden ser o traslado nas xornadas electorais de persoas con dificultades para desprazarse ou levar a veci@s ós centros médicos cando sexa en casos especiais.

O vehículo, unha Renault Trafic de 120 cabalos, trae incorporado un equipo de megafonía, un sistema de iluminación prioritaria (luces e serea, extintor, linternas e XPS.

xoves, 20 de agosto de 2015

DESBROCE NA GLORIETA DO CARREFOUR

UNHA BRIGADA DA XUNTA ENCÁRGASE DE DESBROZAR E LIMPAR A ZONA DA GLORIETA DE CARREFOUR

As xestións feitas polo concelleiro de Medio Ambiente, Rafael Sierra Carril, fixeron posible esta actuación que mellora a estética do entorno

Esta glorieta está ubicada debaixo da estrada que comunicaca Ourense con Celanova e levaba anos sen ser limpada.

A ausencia de mantemento levou ó concelleiro de Medio Ambiente, Rafael Sierra, a instar á Consellería de Política Territorial a que acometese unha actuación de xeito prioritario.

Este debroce era necesario por ser esta unha zona de moito tránsito e pola perigosidade de incendio no lugar

Así mesmo mellórase ademais a seguridade viaria nas inmediacións








mércores, 19 de agosto de 2015

61 NEN@S APRENDEN E XOGAN NO EDUCAMÓBIL

·        UN TOTAL DE 61 NENOS E NENAS DO CONCELLO DE BARBADÁS PARTICIPARON ESTA MAÑÁ NO EDUCAMÓBIL

·        Esta actividade lúdica e educativa foi promovida pola Concellería de Educación en colaboración coa Deputación e a Fundación Seur


·        Estiveron no autobús educativo @s cativ@s que participan nos campamentos urbanos da Casa da Xuventude e de Sobrado do Bispo

Barbadás, 19 de agosto de 2015. Un total de 61 cativ@s do concello de Barbadás participaron esta mañá en Educamóbil, unha actividade promovida pola Concellería de Educación en colaboración coa Deputación Provincial e a Fundación Seur.
O autobús que alberga o proxecto Educamóbil estivo na Valenzá entre as 9 da mañá e a 1 do mediodía para ofertar actividades dirixidas a nen@s con idades comprendidas entre os 4 e os 11 anos.
No Educamóbil estiveron grupos de nen@s que participan en campamentos no pobo de Sobrado e na Valenzá, este último os que organiza cada verán a Casa da Xuventude de Barbadás. Tamén acudiron a coñecer esta iniciativa lúdica e educativa algúns/algunhas cativ@s individualmente, acompañados dos seus pais e nais.
No Educamóbil ofrécense unha ampla gama de actividades relacionadas coas novas tecnoloxías, é dicir, xogos didácticos a través do ordenador, así como xogos relacionados coas manualidades ou o debuxo.

A concelleira de Educación, Marga Pérez, explica que “os principais obxectivos da actividade son propiciar a conciliación da vida familiar e laboral, así como completar e enriquecer o tempo de lecer dos nenos e nenas”. A música e a lectura foron outras das posibilidades que ofrece o Educamóbil para contribuir ó entretemento e diversión d@s máis cativ@s.

sábado, 15 de agosto de 2015

UNHA REXILLA CON MOITOS CAMBIOS EN BARBADÁS POBO

A SECUENCIA DUN CAMBIO

Esta rexilla de augas pluviais levaba anos nun estado lamentable

Está situada en Barbadás pobo, no barrio do Regueiro

Era perigosa para @s viandantes
O novo goberno instalou unha nova pintada de verde
Pero pasados uns días"alguén", evidentemente sen vinculación ó Concello
Decidiu cambiar a cor da rexilla


¿Pode considerarse vandalismo?


¿Ou podemos dicir que é un intento de dar colorido?


En fin....o importante é sempre MELLORAR





Pero por favor coidemos os bens públicos
Son de tod@s